Aparellos de medición de CO2 deberán estar presentes nos restaurantes, para garantir a axeitada ventilación, para poder abrir ata as 11 da noite. É a nova norma de desescalada, que entra en vigor mañá. Dende hoxe os comercios poden adherirse ao Bono Activa. Unha iniciativa para dinamizar un sector moi castigado na pandemia. Funciona cun sistema de bonos de 30 euros, que os Os clientes poden conseguilo cunha aplicación móbil a partir do 5 de maio. // O Tribunal Supremo confirma a condena a Sito Miñanco e o embargo da sua inmobiliaria familiar, valorada en máis de dez millóns de euros. A sentenza impónlle tres anos e nove meses de prisión e unha multa de cinco millóns de euros por narcotrafico e branqueo de capitais.. // Estrea en Vigo da patrulleira de fibra de políester mais grande de Europa. Ten una autonomía de 2.000 millas náuticas. 15-04.2021