Un buque mercante con 3.500 toneladas de madeira de eucalipto permanece varado nun banco de area preto do porto de Ribadeo, tras fracasar os intentos de desencallalo | Tras un inverno chuvioso, cun 14 por cento de precipitacións por riba do habitual, os encoros galegos están case ao límite da súa capacidade e coas comportas abertas para desaugar | O rei emérito volve navegar pola ría de Pontevedra a bordo do Bribón. Despois de recibir a visita da súa filla, a infanta Elena, este mediodía decidiu saír a adestrar con vistas a regata que esta fin de semana | Cociñeiros en formación procedentes de escolas de hostalaría de cinco comunidades competiron hoxe en Santiago para amosar as súas dotes como futuros chefs. O gañador, un rapaz asturiano de 29 anos. 15-03-2024