O ambiente propio do inverno instalouse definitivamente entre nos e, despois das intensas choivas, chegou o frío e mesmo a neve. En moitos puntos da mitade norte, os termómetros non daban pasado esta mañá dos catro ou cinco graos e nas zonas de montaña, as nubes amenazan con precipitacións de neve // 202 empresarios elixen ao futuro líder da patronal galega para os vindeiros catro anos. Terán que decidir entre dous ourensáns, José Manuel Pérez Canal, presidente dos empresarios desa provincia e Antonio Diéter Moure que dirixe a asociación ourensá de empresas de formación // O xuiz do caso Alvia rexeita tódolos recursos presentados contra o peche da instrucción polo accidente de Angrois que dictara en outubro. Será agora a Audiencia provincial quen decida se queda definitivamente pechada a instrucción e sinala apertura de xuízo. 15/01/16