A costa norte galega está hoxe en alerta laranxa por ondas de 5 a 7 metros // Puntos negros nas estradas, dous treitos de Lugo e Pontevedra entre os máis perigosos de España // A Xunta aproba un proxecto para axudar aos concellos pequenos para que teñan planeamento urbanístico // O fundador de Inditex, Amancio Ortega de 81 anos deixa de ser apoderado de 53 filiais da multinacional // Denunciado no Porriño o condutor dunha ambulancia por triplicar a taxa de alcohol // Xulgan en Lugo a un home acusado de agredir sexualmente ao seu fillo e a outros tres menores // Récord de peregrinos coa chegada do número 300.000. 14/12/17