Seguen as protestas dos gandeiros polos baixos prezos do leite. En Lugo varios centos de tractores continúan a rodear a muralla por quinto día. Este mediodía unha manifestación percorreu as rúas cidades reclamando que se cumpla o acordo de setembro para conseguir prezos rendibles // A Xunta pagaralles o recibo da luz durante dous meses ás familias ás que llela vaian cortar por falta de pago. O goberno galego asinou un convenio coas compañías suministradoras polo que aboará ata un máximo de 200 euros en dous meses, aos fogares afectados, sempre que dispoñan de rendas inferiores a 6.400 euros anuais // A película "El desconocido" rodada na Coruña e da produtora galega Vaca Films consegue oito candidaturas aos premios Goya da Academia de Cine. O filme é o terceiro con máis candidaturas, entre elas as de mellor actor, por Luis Tosar, e mellor dirección nobel, por Dani de la Torre. 14/12/15