Dende Muxía, na zona cero daquela catastrofe, no Parador da Costa da Morte, inaugurado oficialmente hai apenas unhas semanas, facemos un informativo especial para lembrar os 20 anos da catástrofe do Prestige. // José Luis López Sors, entón Director Xeral da Mariña Mercante, acusado e absolto no xuizo, mantén, nunha entrevista concedida a TVE que a prioridade era evitar que o petroleiro embarrancara na costa causando unha contaminación maior. // A catástrofe provocou as maiores mobilizacións da nosa historia, articuladas en torno á plataforma Nunca Máis, Moitos dos protagonistas coinciden e que aquela reacción colectiva cambiou a percepción de Galicia. // Os efectos da marea negra son hoxe case imperceptibles, pero daquela poideron ser menores. Os científicos láianse de que non se lles tivera en conta a hora de tomar as decisións. 14-11-2022