Casas e animais arrasados polo lume na aldea de Caridade, en Monterrei. É un dos incendios que manteñen en vilo á provincia de Ourense, e que obrigaron a confinamentos e evacuacións de numerosos veciños | A loita contra os incendios está a ser especialmente intensa nas últimas horas. Uns incendios que afectan tamén ao tráfico ferroviario. A circulación de trens entre Galicia e Madrid está arestora de novo suspendida | Comeza a operación especial da DGT para a ponte de agosto, con movementos ligados ás vacacións e ás numerosas festas por toda Galicia. As previsións de ocupación turística roldan o 90 por cento en destinos como Santiago ou as Rías Baixas | Os dous avións cisterna enviados por Francia para axudar nos labores de extinción de incendios chegan ao aeroporto de Santiago