Comenza a Operación saída da ponte na que se prevén máis deprazamentos de todo o ano. Segundo a DGT, serán máis dun millón nas estradas galegas, para o que ten preparado un despregue de 800 axentes, equipados con 1.500 dispositivos de control de tráfico | O sector turístico percibe cambios nos hábitos dos visitantes, tamén nos destinos de costa. A suba de prezos e o menor poder adquisitivo, fan que moitos aposten por estancias máis curtas, reducir o consumo na hostalaría e a busca de opcións de lecer máis económicas | O Partido Popular rexeita, coa sua maioría, un pleno extraordinario pedido pola oposición para tratar do sobrecusto das obras do hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo. O Consello de Contas advertíu que superou os 400 millóns de euros, ao optar a Xunta, entón gobernada por Núñez Feijoo, por unha fórmula de concesión público privada | O muralista ourensán Mon Devane ten na sua cidade unha nova obra de grandes dimensións. Alí tranformou a paisaxe urbana xunto a un parque, cunha