O Goberno establece en toda España o peche do lecer nocturno e limitacións de cabida nos restaurantes. Tamén extende a tódalas comunidades a prohibición de fumar en espazos abertos sen distacia de seguridade xa implantada en Galicia. Na área da Coruña aumentan os controis policiais para frear a transmisión comunitaria // Galicia supera os mil casos activos de Covid-19, logo de sumar 136 novos contaxios nas 24 últimas horas. A de Santiago e a única Area Sanitaria onde descenden os positivos. En toda a comunidade hai 42 persoas ingresadas en hospitais e ninguna en UCI // Un total de 460 militares repartidos en 27 patrullas integrarán este ano a Operación Centinela, a colaboración das Forzas Armadas na protección dos montes galegos contra os incendios. Comenzará mañá centrando a sua atención nas zonas con maior risco. 14/08/20