A princesa Leonor recibe a medalla de ouro de Galicia, a máxima distinción que outorga o Goberno galego. O presidente da Xunta salienta o papel da monarquía na consolidación da democracia e o carácter autonomista e constitucional da nosa comunidade | Á mesma hora e a poucos metros, dirixentes do BNG e da súa organización xuvenil, Galiza Nova, protestaban pola concesión desta medalla á princesa Leonor. Acusan á Xunta de tentar un lavado de cara da monarquía | Chega a Vigo o Laboratorio Mobil Europeo de Bioloxía Molecular, para estudar os efectos das vagas de calor nos océanos e buscar a maneira de frear as mareas vermellas que afectan aos moluscos | Nais solteiras, mulleres que mantiñan relacións fóra do matrimonio ou que se querían divorciar, acabaron ingresadas no hospital psiquiátrico de Conxo, en Santiago