Manuel Baltar renuncia a manterse como presidente da Deputación de Ourense. Logo de 11 anos no cargo, di que descarta formar parte da institución para facilitar que siga gobernada polo Partido Popular. // O Presidente da Xunta asina o decreto que remodela o seu goberno. Á saída de Francisco Conde únese a de Rosa Quintana. Ambos irán nas listas do PP ás eleccións xerais. Entran Alfonso Villares, alcalde de Cervo, na Consellería do Mar e a Economista Elena Rivo estará á fronte da de Emprego. // A praia da Calzoa, en Vigo, é calificada por Ecoloxistas en Acción como a peor de España, por ser declarada canina sen ter en conta o impacto negativo que supón para as aves. . 14-06-23