Galicia encabeza o aumento da inflación en abril, cun IPC interanual do 3,7 por cento, catro décimas por riba da media do conxunto de España. A principal causa, a repunta dos prezos dos alimentos, entre os que sobresae o caso do aceite, que é case un 47 por cento máis caro que hai un ano|Novo rexeitamento do Partido Popular á que se investiguen os contratos sanitarios da Xunta durante a pandemia. No Parlamento, o grupo maioritario desbotou crear unha comisión de Investigación, e di que non hai motivo de sospeita, mentres os grupos da oposición falan de posibles irregularidades en base aos informes do Consello de Contas |O Concello da Coruña asegura que a cesión de Riazor para que o Deportivo participe na Segunda División está asegurada. O club negouse a asistir a recepción ofrecida en María Pita para celebrar ascenso, por discrepancias sobre a xestión do estadio municipal | Rubén Domínguez, o técnico do Ourense, convértese nun caso insólito no fútbol español. Vén de ascender o equipo a