O avance da vacinación tradúcese xa nunha mellora da presión hospitalaria. O persoal sanitario advirte que agora a idade dos pacientes críticos é cada vez menor. As persoas ingresadas nas UCI teñen unha media de 10 anos menos ca nas vagas anteriores.. // A partir de hoxe, no nivel máximo de restricións quedan as localidades de Cambados, Laza e Padrón, con toque de recollida a partir das 23 horas. Do nivel medio sae a cidade de Vigo, que pasa ao nivel inferior onde se permite a atención no interior da hostalaría ao 50 por cento da cabida e o 75 nas terrazas. // Unha das maiores operacións contra o tráfico de drogas en Galicia e levada a cabo pola Policía Nacional, co apoio da Garda Civil. Incautaron máis de 5 quilos de heroína, transportada en vehículos caleteados, e deteñen a 33 persoas. // 14-05-2021