O presidente da Xunta estuda hoxe cos dirixentes de todalas formacións políticas galegas a nova data das eleccions autonómicas. Quere convocalas para o mes de xullo, ante o temor a unha nova vaga da pandemia en outono, mentres os grupos da oposición consideran que non hai suficientes garantías sanitarias para votar en verán//O coronavirus contaxiou ao 2'1 por cento da poboación de Galicia, según o estudo epidemiolóxico do ministerio de Sanidade. E a cuarta comunidade cunha menor incidencia da pandemia. Os expertos advirten de que non está probado que tan sequera os positivos teñan inmunidade ante un posible rebrote // Os traballadores de Alu Iberica reclaman a intervención do goberno para fiscalizar os plans do Grupo Industrial Riesgo, que o mes pasado adquiríu as antigas plantas de Alcoa ao fondo suizo Parter. De momento prometeu un investimento de 250 millóns nos próximos cinco anos para garantir o emprego. 14/05/20