O leite, un 30 por cento máis caro, ou os ovos, un 24, son exemplos dunha suba de prezos dos alimentos que supera o 16 por cento respecto a hai un ano. O IPC de marzo, queda en Galicia unha décima por riba da media do conxunto de España. // Xa son case 800 as intervencións cirúrxicas e 15.000 consultas cos especialistas que tiveron que ser reprogramadas a causa da folga de médicos, que chega ao seu cuarto día. // Asociacións pesqueiras de Galicia e Asturias deciden recorrer ao Tribunal Supremo para frear a instalación de parques eólicos mariños. Piden a suspensión cautelar do decreto do goberno central que regula os parques flotantes fronte á costa. // Carismático, provocador, cunha voz prodixioxa, considerado por algúns como o mellor cantautor do mundo. Rufus Wainwright adiántanos como será a presentación do seu novo traballo, esta noite na Coruña. // 17