5 anos comezaba o episodio máis convulso da nosa historia recente dende a guerra civil. Provocábao un virus de orixe descoñecida, o coronavirus. O Goberno Español decretaba o estado de alarma. Facemos un percorrido polos momentos máis importantes da pandemia. Lembramos situacións e analizamos con expertos as cicatrices da crise tanto nas persoas como na economía. Entramos nunha UCI para coñecer como saíron adiante co desbordamento de pacientes e que cambiou nese servizo dende entón para estar mellor preparados | A Xunta autoriza a Altri a contrucción dunha macrocelulosa en Palas de Rei, Lugo. O proxecto pasa a fase seguinte dependente do Goberno de España. A plataforma Ulloa Viva anuncia batalla legal e chama a mobilizacións o domingo | Dende ‘De Lorenzo’, un prototipo único no mundo construído a man por un fisioterapeuta, pasando por deportivos de luxo ata os vehículos utilitarios. As propostas de 40 fabricantes no Salón do Automóbil ata o domingo