Os alcaldes de Oza dos Ríos e Cesuras, na comarca de Betanzos, fixeron hoxe oficial a intención de fusionar os dous concellos. O resultado vai ser un municipio dunha poboación de case 5.500 habitantes. // Preocupación na Costa da Morte polo anuncio de que se renuncia a construír, de momento, o Parador Turismo de Muxía. O alcalde socialista deste concello pídelle ao presidente da Xunta que convenza a Rajoy para seguir adiante co proxecto. // O presidente da Audiencia Provincial de Lugo denuncia a Jorge Dorribo por intento de extorsión. // A Consellería de Educación, o Valedor do Pobo e maila Fiscalía de Ourense investigan se na Escola de Hostalería de Vilamarín se estaba a utilizar aos alumnos para obter ingresos sen ningún tipo de control fiscal. // Hoxe, no día europeo dedicado ás enfermidades cardiovasculares, que son a principal a principal causa de morte na nosa sociedade, a Xunta pon en marcha un ambicioso plan para fomentar a actividade física dos galegos. 14/03/12