Unha pantalla semicircular de 28 metros con resolución 4K. Forma parte do plató virtual máis grande de España, considerado un dos máis avanzados de Europa, que comenza hoxe a funcionar no Coruña Estudio Inmersivo. Conta con tecnolóxia de fondos envolventes para recrear con realismo calquera escenario | Os prezos subiron un 2,7 % en xaneiro en comparación co mesmo mes do ano anterior, un aumento en Galicia semellante ao do conxunto de España. Un aumento do IPC débido sobre todo ao custo da electricidade e da vivenda, mentres que o efecto das rebaixas nótase no vestido e calzado. Os alimentos soben lixeiramente un 1,2% | A pobreza baixa en Galicia, pero segue a afectar a un de cada 5 galegos e galegas, e o 5 % sofre carencia severa. Un equipo de TVE estivo coas persoas sen fogar que viven na antiga estación de autobuses de Vigo. Piden un teito ante o inminente valado das instalacións | Hoxe é o Día de San Valentín, e celébrase o día dos namorados. Nestas datas, tendas como as florerías