O relato das primeiras vítimas do accidente do Alvia escóitas no xuízo, en Santiago, onde hoxe comenzou a dirimirse a responsabilidade civil polo sinistro que deixou 80 persoas falecidas e 145 feridas. // A Policía Nacional alerta dunha vaga de estafas telefónicas a pequenos pequenos comercios galegos. Os estafadores reclaman, con distintos enganos, un pago urxente por unha suposta mercancía pendente de envío. // . // Gustavo Dacal, o atleta pontevedrés, dez veces campión de España en lanzamento de xavelina, chega a Coruña despois de contraer en México unha grave infección que a piques estivo, dixo, de causarlle a morte. Agora espera recuperarse aquí, entre mostras de apoio. 14-02-2023