Xa está na casa, tentando repoñerse do naufraxio e de tres días á valga, Fernando Argibay, o xefe de máquinas do Senefand Un, o pesqueiro que afundiu a semana pasada en augas de Senegal // A garda civil baralla como hipotese principal para explicar as tres mortes de membros dunha familia da Estrada que primeiro faleceu a muller de 56 anos aforcada e que logo o seu marido matou á sogra, de 90 anos, e se suicidou coa mesma arma // Condenado a 15 anos de prisión un home de Pontevedra que se fixo pasar por unha adolescente de 14 anos para obrigar a outros 45 menores a intercambiar con él por internet fotografías en roupa interior ou mesmo practicando actos sexuais. 14/02/17