O parlamento Galego convértese no único de España no que a maioría son mulleres. 38 a 37, gañan elas debido á entrada na cámara dunha deputada en substitución de Xosé Manuel Baltar. // Os colexio oficiais de médicos alertan do deterioro na calidade da sanidade pública que provocan os recortes salariais e de recursos postos en marcha polas comunidades autónomas. // No concello ourensán de Barbadás, comezan a desmontar a fachada de pedra dunha vivenda para poder retirar un camión que leva máis dun mes encaixado na casa. // Actividade comercial neste tempo de crise coa escusa do amor. En Fene cumpre trece anos o concurso de cartas de amor que organiza a radio local. 14/02/12