Pedro Sánchez e os presidentes autonómicos manteñen en Santander un encontro marcado polo distanciamento das comunidades como Galicia, gobernadas polo PP, sobre todo en materia de financiamento. O Presidente do Goberno Central ofrécelles medidas como blindar a vivenda pública e unha aportación extra para a Sanidade | O IPC repunta ata o 2,3% interanual, en Galicia, polo encarecemento da electricidade e os carburantes, ainda que baixan os alimentos. De Cara ás compras de nadal, a OCU prevé unha reducción no gasto por persoa, que se centrará sobre todo nos agasallos | Voar en globo aerostático, pasear en kayak polo MIño ou facer escalada nos canóns do Sil. Son actividades que posicionan a Galicia como destino deportivo e de turismo activo, e nas que sobresaen comarcas como a Ribeira Sacra. Un sector en alza Que presenta as principais novidades no salón Sportur en Ourense | Unha orquestra na que podan integrarse os estudantes do Conservatorio Superior de música unha vez rematan a sua form