Menos da mitade dos menores de cinco anos foron vacinados ata agora contra a gripe, mentres se atenden preto dun milleiro de urxencias infantís ao día, a maioría por virus e infeccións respiratorias. | O ministro de Transportes promete a chegada dos trens Avril para o primeiro trimestre do próximo ano. | O Tribunal Supremo recoñece ao persoal das oficinas do BBVA de Galicia o dereito a xornada laboral reducida en Noiteboa e Noitevella. O costume estivo imprantado durante anos, pero fora suprimido pola dirección do banco coa chegada do rexistro horario en 2020. | Cambio na directiva do Celta, que vai contar dende esta mesma tarde coa sua primeira presidenta. Marián Mouriño asume o posto ocupado ata agora polo seu pai Carlos Mouriño, logo de dezasete anos. 13-12-23