Permanece activo, aínda que xa estabilizado, o incendio forestal declarado en Trabada, en Lugo, que xa calcinou máis de 450 hectáreas. O lume obrigou a cortar a autovía A-8 e a desaloxar varios veciños| En Vigo, avanza a investigación sobre as causas do incendio nun edificio no que faleceron catro membros dunha familia | A inflación galega é a terceira que máis medrou en setembro: case 4 puntos, o que sitúa a Galicia como a oitava comunidade cos prezos máis altos | Presenza masiva de turistas nesta Ponte do Pilar en Galicia. Se os hoteis da provincia de Pontevedra superan o 70 por cento de ocupación, Santiago está rozando o cheo. 13-10-23