O BNG cumpre o seu anuncio de forzar unha comisión de investigación parlamentaria sobre contratos da Xunta que considera irregulares. Entre eles, a construción do Hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo, ou as adxudicacións á empresa Eulen. Pedirán que comparezan o expresidente Núñez Feijóo e o actual, Alfonso Rueda | Viticultores da Ribeira Sacra manteñen as protestas, pola negativa das grandes adegas a mercalles a uva, debido aos excedentes que teñen acumulados. Hoxe, convocados polo Sindicato Labrego, chegaron a repartir acios entre o público, en Lugo. A Xunta comprométese a buscar unha solución para que toda a colleita poda ser recollida, e asegurar que non se repita no futuro| As exportacións de lousa de Valdeorras descenden un nove por cento no último ano, pola caída da actividade da construcción en países como Alemania, Reino Unido e Francia. As empresas do sector, que da emprego a máis de 4.000 traballadores na comarca, confían nunha recuperación nos próximos meses e apostan por mel