Axentes da Garda Civil deteñen a unha veciña de Verín, traballadora da limpeza no concello, que ingresou en prisión como presunta autora do incendio rexistrado nesa localidade a principios de agosto, con ata dez focos simultáneos. Chegou a queimar preto de 1.000 hectáreas con alto risco para as vivendas // O IPC de agosto, modera o seu crecemento en Galicia, pero os prezos seguen un 11 por cento máis altos que o ano anterior, medio punto por riba da media do conxunto de España. // Avanza en Vigo a construcción do que será o buque insignia da flota oceanográfica Española., Propulsado a gas, con tecnoloxía de vangarda e 500 metros cadrados de laboratorio. // Cinco amigos de entre oito e doce anos con ganas de aventura, son os Argonautas, a nova serie para a canle infantil Clan. Concebida para interesar tamén aos adultos, remata a sua rodaxe en paraxes naturais da costa galega. 13-09-22