A polémica polo peche de oficinas bancarias no rural chega ao Parlamento. Os grupos da oposición cuestionan as axudas económicas da Xunta ás entidades para sustituir as sucursais atendidas por caixeiros, mentres que o PP defendeas. // Domingo Villar, figura emerxente da literatura galega, presenta na Semana do Libro de Compostela o seu primeiro libro de relatos. O escritor vigués, multipremiado polas novelas policiacas do inspector Leo Caldas, cambia de rexistro cunha escolma de contos protagonizados por galegos na diáspora. Escribiunos, di, para agasallar aos amigos e a pandemia é a responsable de que decidise publicalos. // A Xunta e os representantes da Hostalaría asinaron hoxe o novo protocolo para o sector que ten como principal novidade que serán os establecementos os que decidan en qué nivel de seguridade traballan. Diso dependerán a cabida ou o uso das barras, e NON da situación epidemiolóxica de cada localidade. 13-09-2021