Xa son máis de 10.000 hectareas queimadas na provincia de Ourense, onde cinco incendios siguen sen control. Doce personas necesitaron atención sanitaria en toda Galicia. Os tres brigadistas hospitalizados con queimaduras graves evolucionan favorablemente | Toda a provincia de Ourense segue en alerta 2, que indica perigo para zonas habitadas. En Manzaneda estiveron confinados menores dun campamento de verán e houbo a evacuar a medio cento de anciáns dunha residencia na Mezquita | As traballadoras do servizo de axuda no fogar celebran hoxe unha xornada de folga, anque con servizos mínimos, que en moitos casos alcanzan o 100%. Piden mellores condicións de seguridade nos seus postos de traballo | O IPC interanual sobe en Galicia ao 2´3 por cento no mes de xullo. Son tres décimas máis que o dato do mes pasado | Os consumidores benefícianse xa do Bono Peixe, implantado pola Xunta para permitir descontos ao mercar produtos do mar de Ata un máximo de 50 euros por persoa. Os vendedores que se s