A inflación repunta ao 4 por cento interanual en maio, e mantén a Galicia como a comunidade coa taxa de IPC máis alta de España, catro décimas por riba da media. Sube a electricidade polo aumento do IVE, mentres os prezos dos alimentos moderan o seu crecemento, ainda que seguen a ser os que máis preocupan aos consumidores | O congreso dos Deputados pide que se cancele a concesión da Autoestrada do Atlántico a Audasa e pase a ser libre de peaxe. A proposta do BNG, saíu adiante co apoio do PP, logo de introducir una lixeira enmenda, Sumar, Bildu e ERC, coa abstención dos socialistas, e os únicos votos en contra de Vox | Á Sociedade Española de Medicos de Familia califica de crítica a situación da atencion primaria pola escaseza de profesionais debido a falta de relevo xeneracional, un problema que se incrementa nas zonas rurais. O Conselleiro de Sanidade defende que os Mir de último curso pasen consulta durante o verán | A obra de 3 novos talentos galegos da fotografía é a proposta da Fu