Xa están en Vigo os 3.400 kilos de cocaina que portaba o pesqueiro Riptide interceptado no Atlántico hai 15 días. A droga foi descargada esta mañá en presenza da xuiza que leva o caso, o fiscal antidroga de Pontevedra e o secretario de estado de seguridade que felicitou aos axentes que participaron na operación Albatros. Unha operación que supuxo a detención de 24 persoas // A Xunta decidiu seguir mantendo, para o curso que vén a conxelación das taxas universitaria. Tamén para as matrículas dos alumnos que repiten. As matrículas nas universidades galegas serán, así, as máis baixas de toda España // Xermade, en Lugo, é o concello de España que mellor integra na paisaxe os muiños de vento e que melllor aproveita a enerxia eolica. Por impostos por ter instalados muiños recada cada ano 200 mil euros, cos que paga gastos municipais. Este sábado concentra ali as celebracions do dia mundial do vento. 13/06/13