O presidente da Xunta anuncia que convocará o antes posible as eleccións autonómicas que foron suspendidas polo estado de alarma. Di que os expertos así llo aconsellan ante o risco de rebrote da pandemia en outono. Convoca para mañá aos representes de tódolos partidos galegos para estudar a data, e aposta polo 12 de xullo.// Os Centros de Saúde buscan evitar as aglomeracións nas salas de espera con máis atención telefónica e citas presenciais espalladas. Tamén prevén circuitos específicos para pacientes con síntomas, para garantir a seguridade na desescalada.// A Delegación do Goberno advirte aos locais de hostalería que podería decretar de novo o peche das terrazas, autorizadas na fase 1 da desescalada, en caso de incumprimento das normas sanitarias que podería favorecer un rebrote da pandemia. 13/05/20