Os tres candidatos que se presentan ás primarias para optar á candidatura do PSdeG-PSOE nas eleccións autónomas xa fixeron entrega dos seus avais para poder someter, agora, á avaliación da militancia // A Xunta e as empresas implicadas puxeron en marcha hoxe, no aerodromo das rozas, en Castro de Rei, o acordo de investimento de 115 millóns de euros para construir o polo de avións non tripulados. Agárdase que estea en funcionamento dentro de catro anos // A un día do emocionante final de Liga o adestrador do Dépor, Víctor Sanchez, criticou duramente o comportamento do lateral portugués Luisiño e tamén o de Lopo, na segunda parte da competición. Máis tranquilo o final de Liga para o Celta que viaxa ao Calderón co obxectivo cumprindo de xogar en Europa. 13/05/16