Operación da Garda Civil en Cangas contra unha rede de tráfico de Rivotril, un medicamento ansiolítico que se emprega para fabricar unha droga de uso crecente entre a mocidade. Hai unha persoa detida e outras 15 están investigadas, entre elas, tres médicos do Sergas e persoal de varias farmacias | A Fiscalía chama a tratar coa máxima contundencia as agresións a médicos e persoal sanitario, logo do ocorrido a semana pasada nas Urxencias do CHUAC. Uns ataques que deben ser considerados como delitos de atentado, ao producirse contra funcionarios públicos no exercicio das súas funcións. Así o indicou o fiscal superior de Galicia nunha xuntanza co Conselleiro de Sanidade | Máis do 90 por cento dos alumnos graduados nas tres universidades galegas atopan traballo antes de cinco anos. Son datos dun informe da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario, que indican que a inserción laboral dos universitarios aumentou 30 puntos na última década. O tempo medio para atopar emprego está en sei