As Madamas e Galáns de Cobres, en Vilaboa, danzan a cuberto por mor da chuvia, cos seus traxes, auténticas xoias de artesanía. Unha celebración tradicional que aspira a ser declarada Festa de Interese Turístico Nacional. Mentres na Coruña, é o día grande dos Choqueiros, coa sua particular versión do entroido urbán | Acordo das organizacións maioritarias do sector agrario de toda a cornixa cantábrica para convocar mobilizacións a partir do próximo día 20| Todo preparado para o último debate previo as eleccións galegas. A cita darase neste Centro Territorial de TVE en Santiago, mañá a partir das 10 da noite, coa presenza dos candidatos a presidir a Xunta, Ana Pontón do BNG, e José Ramón Gómez Besteiro do PSdeG. O PP declinou a invitación a participar | Nestes días organízanse moitas actividades para fomentar