Un vehículo incendiado foi a orixe do lume que queimou 125 hectareas en Carnota, a maior parte de monte raso. O incendio dase xa por controlado. // Trala manifestación multitudinaria, en Santiago, en defensa da Sanidade Pública, os grupos da oposición reclaman á xunta que faga cambios. // Familiares das vítimas do Villa de Pintaxo participan nunha homenaxe aos mariñeiros do Praia de Menduiña. Confían en que a inspección do pecio axude na investigación sobre as circunstancias do afundimento. // 2.000 estudantes da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal celebran ao Día Mundial da Radio cunha emisión de quince horas en directo, promovida por Ponte nas Ondas, a asociación recoñocida pola Unesco como modelo de boas prácticas. 13-02-23