Detidos xa os tres presuntos implicados na morte do carniceiro Antonio Costa, ocorrida na praza de Abastos de Santiago, a primeira hora da mañá. As hipóteses da investigación apuntan a que, no transcurso dunha liorta, A vítima, recibíu un forte golpe na cabeza cunha barra de ferro | Efectivos da Policía Nacional desaloxan un edificio que albergaba a un grupo de 14 okupas, no centro de Ribeira. Segundo os veciños, os residentes levaban cinco anos instalados en 18 vivendas, pertencentes a SAREB. O abandono tivo lugar sen incidentes | Os colexios de farmacéuticos advirten da crecente demanda entre menores de medicamentos como laxantes, diuréticos ou complementos alimentarios. Utilízanos pra adelgazar ou modificar a dieta. Din que os trastornos relacionados coa alimentación afectan xa a un 5 por cento dos adolescentes | As emisións de radio en España cumpren 100 anos. Para celebralo, recollemos o testemuño de locutores históricos de RNE en Galicia: Antón Luaces, Moncho Viña e Ricardo Sando