18 cadea, esa é a pena imposta a Rosario Porto e Alfonso Basterra por asasinar a súa filla Asunta en setembro de 2013. A sentenza que se coñeceu hoxe considera probado que se puxeron de acordo nun plan planificado para matar a súa filla a que estiveron suminsitrando sedantes alomenos tres meses antes da súa morte e que o día do crime llos deron tamén nunha comida para cando "fixeran efecto asfixiala" // Os alumnos dos colexios onde se detectaron irregularidades na comida que suministraban dùas empresas de cáterin son atendidos hoxe por outras firmas, contratadas pola Consellería de Educación, unha vez que lles rescindiu os contratos ás dúas que viñan prestando servizo // O Camiño de Santiago recibiu un novo recoñecemento que hoxe entregaron os Reis en Madrid O presidente da Xunta recolleu a distinción que acredita o Camiño como embaixador da Marca España. 12/11/15