Protexidos con cascos de obra entraban esta mañá os alumnos ao colexio público Altamar de Vigo. As Familias e a dirección do centro denuncian o mal estado do edificio e reclaman unha resposta a Xunta e o Concello, responsables do edificio e o mantenemento | Os presidentes autonómicos de Galicia e Asturias coinciden en reclamar unha solución común para mellorar o financiamento das comunidades. No seu encontro anual en Viveiro, Alfonso Rueda e Adrián Barbón aseguran que actualmente todas están infrafinanciadas para os servizos que prestan | Os accidentes laborais aumentaron un sete por cento no último ano en Galicia, que se converte na terceira comunidade con máis falecementos de traballadores. Destaca a repunta deste verán cun total de oito vítimas mortais, catro delas no mar | Hoxe coñecemos a historia de José Pérez é un veciño de Ourense que aos 90 anos ve cumprido o seu soño dende neno: ser músico e tocar a zanfona. Agora é alumno destacado na Escola de Gaitas da Deputación, di que o