O IPC repunta por segundo mes consecutivo, medio punto e situase no 2,7%, unha décima por riba da media nacional. O principal culpable, o encarecemento dos carburantes. | O Parlamento de Galicia aproba, por cuarta vez, reclamar que o goberno central transfira as competencias da AP-9 á Xunta. Os tres grupos apoian unánimemente a demanda, pese a intercambiar reproches sobre responsabilidade de que as peaxes suban sen parar.| Comenza a instalación do alumeado de nadal de Vigo, cun investimento previsto de 2 millóns 2 mil euros. | Campaña arqueolóxica para coñecer a orixe do recinto fortificado do Castrillón, en Touro. Os arqueólogos sacan á luz, no alto dun outeiro, un muro defensivo construído en varios niveis 12-09-23