Figuras do cómic nacional e internacional invaden xa as rúas da Coruña, onde esta tarde se inaugura unha nova edición de Viñetas desde o Atlántico, a feira da banda deseñada, con nova dirección trala marcha de Miguelanxo Prado | O sector hoteleiro de Santiago advirte que a ocupación de xullo e agosto está a ser inferior á de anos anteriores. Pese a que as rúas do casco vello ateigadas de xente, os hoteis aseguran que as reservas apenas superan o 70 por cento da capacidade | Adegas da denominación de orixe Ribeira Sacra anuncian que non recollerán uva este ano, ante o excedente de producción vinícola acumulado. O Sindicato Labrego reclama axudas para os produtores afectados e pide á Xunta que non se promovan novas prantación na zona. Agardan que o Ministerio de Agricultura aprobe o expediente de destilación de crise para dar saía ao excedente de producción | Catro medallistas e dez diplomas olímpicos. E o balance dos 26 deportistas galegos que participaron nos Xogos de París, entre eles