Nova suba de contaxios rexistrados nas últimas horas; son 630. Unha cifra similar as do mes de xaneiro, no pico da terceira vaga, que eleva a taxa de positividade ao 11 por cento, o dobre da que a OMS recomenda para considerar a pandemia baixo control. A presión hospitalaria, polo momento, continúa estable. // A remodelación do goberno central é recibida de xeito ben diferente polos partidos galegos. O PP espera que abra un dialogo institucional coa Xunta, para resolver os temas pendentes. O BNG lémbralle tamén a Pedro Sánchez promesas como a de baixar as peaxes da autoestrada e cambiar leis laborais. // O coruñés Carlos Lorenzo fíxose coa vitoria na primeira edición do Trail Oviedo-Xixón no que se enfrentou a máis de douscentos corredores. Un percorrido de máis de 45 kilómetros; nunha proba que busca unir ambas cidades. 12/07-2021