Reunión hoxe en Vigo do Presidente da Xunta coa patronal afectada pola ameaza de devolución das axudas fiscal á construcción de Barcos. Núñez Feijóo pídelle ao presidente do Goberno Mariano Rajoy que se entreviste co da Comisión europea Durao Barroso, antes do próximo día 17, cando se vai tomar a decisión definitiva // Presentado en Vigo un exemplar único da obra "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro. A peza, de gran valor, inclúe unha fotografía da escritora non coñecida ata agora, ou un autógrafo cós primeiros versos da obra. É dos poucos textos manuscritos que se conservan de Rosalía, pois mandou queimar os seus documentos antes de morrer // Santiago acollerá o ano que ven o primeiro congreso mundial de peregrinacions, organizado pola Organizacion mundial do turismo, dependente da ONU. Ata Compostela chegarán expertos das distintas rotas de peregrinacion que hai no mundo. 12/07/13