Desgusto e alarma entre os palangreiros galegos pola decisión do Tribunal Xeral de Europa que mantén o veto ao palangre. Estiman que supón un 30% menos de capturas. A meirande parte da frota da Unión é galega. Xunta e Goberno do Estado estudan a sentenza para adoptar medidas | 40 anos na Unión Europea; durante este tempo, a nosa comunidade recibiu máis de 30.000 millóns de euros en fondos europeos que, xunto coa aplicación de normativas comunitarias, explican como mudou Galicia ata ser o que somos | Protestas durante todo o día por toda Galicia contra o Sergas en relación coas listas de agarda. Din que utiliza estes longos tempos para desviar persoas á sanidade privada | Unanimidade nun pleno extraordinario do concello de Vigo para reclamar á Xunta unha facultade de Medicina na cidade | Condena de 37 anos de cadea para un home de Lugo por agredir e abusar sexualmente das dúas netas da súa parella e da curmá das menores nos periodos nos que conviviu con elas | Demoras de ata 40 minutos