Galicia será a primeira comunidade en dar por superada a fase 3 da desescalada. A Xunta solicita ao goberno que deixe sen efecto o Estado de Alarma a partir do próximo luns, e anuncia que aprobará novas restriccións de actividades para controlar o risco na situación de nova normalidade // A previsión de AEMET anuncia que o vento e a choiva seguirán nas próximas horas en Galicia, ao paso da borrasca, para mellorar pouco a pouco ao longo da fin de semana // Os equipos galegos retoman esta fin de semana a competición ligueira, logo dun parón de tres meses. O Celta terá como primeiro rival ao Villareal, e tratará de afianzarse na permanencia. Mentres Depor e Lugo buscan saír dos postos de descenso. 12/06/20