Seguen as protestas dos afectados polas participacións preferentes, un día despois de que o Congreso dos Deputados aprobara a quita do 43 % para os seus propietarios. Hoxe volveron a reclamar nas rúas a devolución íntegra dos seus cartos. Todo ás poucas horas de coñecerse unha sentenza que obriga a Novagalicia Banco a devolver os cartos que pasou dunha cartilla de aforro infantil a participacións preferentes cando a titular cumpriu a maioría de idade // Rematou a folga de recollida de lixo de Vilalba, logo de 25 dias sen servizo. Empresa e traballadores chegaron a un acordo polo que estes aceptan unha reducion salarial de 33 euros ao mes, fronte aos 190 que pedia a empresa Urbaser. 12/04/13