Novo cribado masivo na Coruña, en busca de positivos. Están citadas máis de 150.000 persoas. E a cidade onde máis preocupa a incidencia acumulada, que sigue a descender no conxunto de Galicia. O casos activos xa están por debaixo dos 3.000.. // A mellora epidemiolóxica permite tamén avanzar na desescalada da Hostalaría. Os clientes empezan a familiarizarse co emprego dos códigos QR, que dende hoxe son obrigatorios en tódolos establecementos de Galicia. // A vacina de Astrazéneca, a que se está a empregar na vacinación de persoas entre 50 e 55 anos, vai seguir administrándose en Galicia. Así o confirmou hoxe o Conselleiro de Sanidade, logo de que outras comunidades anunciaran a paralización de lotes.// Os traballadores de Ence concentráronse en Madrid diante do ministerio de Transición Ecolóxica. A ministra promete unha xuntana con eles para abordar o futuro da factoría en Lourizán. 12-03-2021