Polémica limpeza na canle da antiga lagoa de Antela, en Xunqueira de Ambía, con toda a vexetación eliminada. O Concello xustifica a necesidade da obra para evitar asolagamentos nos campos de cultivo. A Xunta e a Confederación Hidrográfica abren unha investigación, ante o que grupos ecoloxistas cualifican de atentado contra o patrimonio natural | O presidente da Xunta e a Portavoz do BNG intercambian acusacións no Parlamento de intentos de coaccionar aos técnicos que teñen que pronunciarse sobre o impacto ambiental do proxecto de Altri en Palas de Rei. Os socialistas reclaman medidas para frear o aumento dos prezos da vivenda | A perda económica, a soidade e sobre todo, o medo a perder a autonomía física e mental. Son os principais medos ante a xubilación segundo un estudo que tamén pon luz sobre as claves pra adaptarse mellor a esa etapa da vida. Logo o vemos | En busca do verdadeiro rostro de Cristobal Colón. Unha exposición en Pontevedra pretende recrear a imaxe do descubridor, a par