Cuarta xornada de folga dos traballadores da xustiza e nova proposta da Xunta ao comité de folga // Núñez Feijóo participa no xantar convocado por Rajoy para armonizar posturas sobre financiamento autonómico // A fiscalía superior de Galicia descarta a existencia dunha trama organizada na vaga de incendios // O Playa Pesmar un cumpre unha semana retido en Arxentina por pesca ilegal // O Celta empatou a 2 co Espanyol e o Dépor xoga esta noite co Betis no debut de Seedorf como adestrador // Hoxe día grande do entroido de Laza coa farrapada pola mañá e a baixada da Morena á noite // A puxanza do entroido do "triángulo máxico" ourensán anima a recuperaciòn do de Sarreaus e o seu vergalleiro, a máscara tradicional. 12/02/18