Máis de cen barcos de cerco galegos volverán pescar xurelo ao norte de Fisterra tras dous anos nos que só se podía capturar de xeito acidental. Para o sector a cantidade é insuficiente. O acordo ao que chegaron de madrugada os Ministros de Pesca europeos recolle incrementos de peixe sapo e rapante para as frotas de litoral e baixura | O grupo Inditex supera os 4.400 millóns de euros de beneficio ao remate do terceiro trimestre. As vendas aumentaron un sete por cento, tamén mellora a contención dos gastos. A multinacional con sede en Arteixo duplica, así, as ganancias obtidas en 2020, o ano da pandemia. Aínda así, as cifras non evitaron unha caída das accións na bolsa | Protesta de empregados públicos afiliados a Muface en varias cidades. Piden a continuidade da prestación sanitaria que reciben, logo de que as aseguradoras renunciasen ao concurso para prestar este servizo. En Galicia son cerca de 60.000 persoas e a Xunta estima en 170 millóns de euros o custe de integralas na sanidade