O Sergas vai asumir directamente a xestión dos centros de saúde da área de Vigo tras a dimisión en bloque de máis do 80 por cento dos seus responsables // O congreso dos Deputados decide hoxe se inicia a transferencia da AP-9 a Galicia // As auditorías encargadas pola Coordinadora de En Marea trala suspensión das primarias detectaron accesos irregulares ao censo e as novas eleccións serán antes de Nadal // Os apicultores galegos súmanse ás mobilizacións en toda España contra a entrada de mel foráneo sen etiquetar // Afectados pola explosión do almacén pirotécnico ilegal de Paramos, en Tui, piden o desentullo da “zona 0” sete meses despois da catástrofe // Cúmprense 25 anos da declaración do Camiño Francés como Patrimonio Mundial da Unesco // Salvamento Marítimo auxiliou a 350.000 persoas desde que se creou hai 25 anos e hoxe celebra unha xornada de portas abertas. 11/12/18